TALLER: TEATRO DAS EMOCIÓNS
MUJERART FORMACIÓN
Contido do curso
Despertar mente e corrpo a través do teatro, xerando unha ensinanza integral a través das capacidades cognitivas, físicas e psíquicas.
- Potenciar a socialización, a tolerancia e a cooperación.
- Modificar/Cambiar os teus hábitos negativos por positivos.
- Canalizar a túa enerxía por medio de exercicios e xogos teatrais.
En definitiva: Despertar unha aptitude e actitude receptiva idónea para que a atención, a concentración e a observación sexan as máis altas posibles, sacando desta maneira o máximo rendimento ás cualidades e capacidades que cada un ten e que moitas veces descoñece.
CARACTERÍSTICAS
- Curso presencial
- 8 horas (intensivo)
- Prazas limitadas



Josi LageActriz e docente
Titulada en Arte Dramático polo ITAE de Asturias
Premio FETEGA Mellor Actriz 2012
Ex-Directora do Festival de Teatro Galego
Docente teatral con máis de 15 anos de experiencia