Mecenado

Image

Cultura e Mecenado

Con moita alegría e esperanza de continuidade, queremos compartir, que recibimos desde o Ministerio de Cultura e Deporte de España, o selo de Cultura e Mecenado:

“Trátase dunha iniciativa do Ministerio de Cultura e Deporte, a través da Unidade Cultura e Mecenado (dependente da Subdirección Xeral de Promoción de Industrias Culturais e Mecenado), cuxo obxectivo é fomentar o mecenado cultural, dando visibilidade a aqueles proxectos que destaquen especialmente neste ámbito.

O selo Cultura e Mecenado é unha representación gráfica directa e funcional, que permite identificar de forma inmediata aqueles proxectos que contribúen ao fomento do mecenado cultural entre a sociedade española.”

Como sabes MujerArt é un proxecto que nace dunha iniciativa altruísta co desexo de visibilizar e deixar unha pegada do paso das mulleres na historia da arte.


Sodes xa moitas/os os rexistradas/os e novas peticións chegan a diario, polo que seguimos traballando para facer de cada un dos nosos números un espazo coa calidade que merecen as súas protagonistas.

Para que MujerArt poida continuar escribindo a historia da arte en feminino, tamén necesita da túa colaboración, visítanos en Patreon.

Se benvida/o.
Podes descargarte o folleto con información sobre os incentivos fiscais ao mecenado vixentes a nivel estatal aquí: