Obradoiros con perspectiva de xénero

En MujerArt deseñamos formación dirixida a centros escolares, entidades de acción social, concellos, asociacións e outros colectivos.

Esta formación está dirixida a nenas/os e mozas/os e desenvólvese ao redor da historia da arte en feminino e a igualdade.


A historia da arte é un ámbito especialmente atractivo para traballar a igualdade de xénero cos nenas/os e mozas/os.

Cos talleres que a continuación se propoñen, espérase un achegamento ás mulleres artistas, creadoras e que forman parte da historia, as cales se omiten habitualmente do discurso histórico-artístico e dos currículos educativos.

Estes obradoiros contan cunha parte explicativa e unha didáctica. Nunha sesión de aproximadamente dúas horas realizarase, en primeiro lugar, unha presentación previa da situación das mulleres na historia e na arte para posteriormente profundar nalgunha das temáticas que se propoñen.

En segundo lugar, unha parte interactiva onde o alumnado participará a través de distintas actividades vinculadas co tema da sesión.


Escritura, música e fotografía. Estas son as tres disciplinas artísticas nas que se centra cada un dos talleres de Muller Art, coincidindo coas profesións das protagonistas das tres primeiras edicións da revista.

Obradoiro I: O ARTE MESOPOTÁMICO
ENHEDUANNA E A ESCRITURA CUNEIFORME

Co Obradoiro I, partindo da figura de Enheduanna, realízase unha aproximación áarte mesopotámica, á súa cultura e en especial á escritura cuneiforme. Para achegara arte antiga ao alumnado exponse un taller de escritura cuneiforme, no que serealizarán táboas de arxila e practicarase a forma na que Enheduanna compoñía osseus poemas.

Obradoiro II: AS MULLERES E A MÚSICA NA TRADICIÓN GALEGA
TRANSMISIÓN DE SABERES

Para o Obradoiro II a referente é María “A Balteira”, soldadeira de profesión. Con ela preténdese refugar a connotación negativa que tiña este traballo na idade media e valorar o labor das mulleres que se dedicaban á música. Aproximándose á figura das soldadeiras e pandeireteiras repararase no tipo de composicións, nos instrumentos que usaban, a importancia das mulleres na transmisión da tradición… Como actividade proponse crear instrumentos con materiais reciclados.

Obradoiro III: NO SÓ NAIS E ESPOSAS
“O QUE UNHA MULLER PODE FACER CUNHA CÁMARA”

No Obradoiro III a figura central será Frances Benjamin Johnston, unha das primeiras fotorreporteiras da historia. Con ela farase un repaso da historia da fotografía, poñendo especial atención nas mulleres que se dedicaron a esta profesión. Botando man da figura de Anne Atkins e o primeiro libro con fotografías,realizarase un taller de cianotipia.

  • Grupos de 25 participantes
  • Materiais incluídos no prezo e de uso individual para cada alumna/o.
  • Obradoiros de 2 horas de duración, cunha parte histórica e outra deelaboración de obras de arte.
  • Dous monitores especialistas en cada Obradoiro, altas incluídas no prezo.

Se desexas recibir máis información sobre os talleres podes escribir a:
mujerartformacion@gmail.com

Image
Image
Image
Image
Image
Image