Eventos
Eventos MujerArt
Eventos MujerArt
Fundado en 2020, este proxecto que busca a visibilidade de mulleres artistas contemporáneas e traer do recordo ás #grandesolvidadas, tanto na súa edición dixital coma na edición impresa, chega, ademáis, a outros espazos.
Presentación Anuario
A principios de Decembro de 2021 presentabamos o noso Anuario 2021 no NH Collection de Santiago de Compostela. A Concelleira Doña Mercedes Rosón quixo acompañarnos e apoiar esta publicación pola visibilización da arte en feminino.
MujerArt é moito máis ca unha revista
Formación
Eventos culturais
Exposicións colectivas
Espectáculos e performances
Culturgal 2021
Estivemos presentando o noso proxecto en Culturgal.
Presentación da revista
Encontros literarios en Ames
Anuario 2022
Performance VOADORAS
Presenta: Clara Gayo
Artistas:
Paula Quintas - Danza
Charo Miloro - Haikus
Carmen Penim - Música
Natalia Horschovski - Pintura
Mulleres artistas...
Que democratizan as Artes.
Que relegan a excelencia porque son excelentes.
Que renuncian á competitividade sendo sumamente competentes.
Que destacan a importancia do nimio, do anecdótico, do cotiá...
Señoras.
Que aproximan e sinalan.
Mulleres que inventan ou constrúen os seus cimentos porque llelos roubaron, e mulleres que reivindican as súas raíces para non perdelas...
Que politizan o seu espazo privado creando desde a subxectividade,
Que converten os espazos íntimos en campo de batalla,
para facer da súa existencia, a Resistencia.
Mulleres que se empoderan do Corpo para expoñelo desde a mirada propia, procedente, transformada,
per-sis-ten-te.
Que descompoñen obxectos e espazos que tradicionalmente nos vincularon.
Mulleres existentes (non sempre presentes)
Que reclaman,
esixen,
e abrazan.
Clara Gayo.